martes, 27 de septiembre de 2016

REFLEXIÓN MÓDULO 1



-Este módulo está formado por tres temas:o mercado laboral, a iniciativa emprendedora e marco de referencia da oferta laboral.

Tema 1: o mercado laboral.

O mercado de traballo: marco conceptual.

Calquera tipo de mercado está estructurado sempre pola consecuencia de dous feitos: a oferta e a demanda de traballo.
A oferta de traballo refirese á poboación activa e a demanda de traballo refírese á cantidade de trababalladores que os empregadores están dispostos a contratar.
Existe un equilibrio mercado que está determinado polo cruce entre oferta e demanda.



Para explicar as causas e efectos do paro distinguimos dúas teorías:

- a clásica: que ten en conta o funcionamento do mercado e a rixidez dos salarios.
- a keynesiana: que  se refire á insuficiente demanda agregada da economía.

Indicadores:  

O principal indicador é a EPA: que é o cociente da poboación activa e a poboación en idade de legal de traballar.

Desemprego: 

O concepto recollese nun regulamento da CE. 1987/2000 que introduce cambios.

En canto aos tipos de paro podemos falar dos seguintes:
- estructural: desaxuste entre oferta e demanda de traballadores.
- friccional. cando o número de persoas en disposición de traballar coincide co número de postos de traballo.
- cíclico: o que só acontece nun ciclo.
- estacional: o que varía coas estación do ano.

O mercado laboral:


É moi dinámico e cambiante e está regulado actualmente por nomativa estatal, autonómica e conunitaria.
Para ver como se comportan as ocupacións haberá que ir ao Instituto galego das cualificacións e os estudos e indicadores sobre o tema.
Os novos xacementos de emprego están directamente relacionados co identificación de necesidades, mercados incompletos, etc.
Os perfiles profesionales da oferta son determinados polo Observatorio das ocupacións e polo Instituto Galego das Cualificacións.
As ocupacións están clasificadas pola CNO11.

Instrumentos e ferramentas 

nomearemos ós seguintes:

- Observatorio ocupacional SEPE.
- Observatorio ocupacional SPEG.
- Observatorio Europeo do Emprego.
- A prospección laboral.

Cómo e ónde traballar.

Existen dúas formas:

1.Traballo por conta allea, que pode ser tanto emprego público como emprego privado.
2. Traballo por conta propia: para ser traballador autónomo ou socio dunha empresa.

Para ámbalas dúas formas de traballo exiten axudas e subvención de diversa índole e de distintos organismos que se poden solicitar en prazo e forma, sempre cumprindo os requistos xerais e específicos de cada unha delas.


Tema 2. A iniciativa Emprendedora.

O Contexto:

O informe GEM 2015 sobre o emprendemento e creación de empresas reflexa unha lixeira recuperación da actividade emprendedora no ano 2015, ainda que se tema segue a ser uha asignatura pendente no noso pais,, cunha clara necesidade de fomento, innovación e transmisión do espírito emprendedor como valor social, sobre todo se temos en conta o noso entorno en Europa:



Empredemento social: 

Merece unha especial mención porque neste tipo de empresas prima sobre todo á persoa frente ao capital social, que se considera un mero instrumento. A distribución dos resultados efectúase con retornos colectivos e a democracia interna é un feito importante na toma de decición polo que todo esto conleva un arraigo e forte vinculación  ao territorio no que as peroas desenvolven a súa vida.
Estamonos a falando de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, etc.

Elementos esenciais no proceso de creación dunha empresa.


Tres son os aspectos fundamentais á hora de decidir emprender: 

- a idea: proceso mental para detectar unha oportunidade a partir dun concepto inicial e facela rendible.
- a persoa emprendedora: aquela que é capaz de concebir a idea sobre a que vai a recaer o proxecto, a reponsabilidade do mesmo.
-plan de empresa: documento básico e imprescindible no que se van a plasmar todas as reflexións realizadas para darlle forma a idea e convertela  nun proxecto empresarial.  





Asesoramento a emprendedores.


Este proceso ten distintas fases que podemos resumir en.

- fase de xestación. cando o emprendedor concibe a idea de posta en marcha da empresa ou especula coa posibilidade de creala.
- fase de análise: realízase de maniera intuitiva, consciente , deliberada e formalmente a análise dos aspectos da idea inical que permite darlle a forma adecuada para convertila nunha oportunidade de negocio.
- fase de posta en marcha: na que se deberán movilizar todos os recursos  dispoñibles, 
- fase de consolidación: cando unha empresa chega ao 3º ou 4º ano de supervivencia desde a súa posta en marcha.

Claves:

Hai que lograr a satisfacción da persoa usuaria e aproximarse ás expectativas que o emprendedor se formase. As súas necesidades van a ir cambiando a medida que avanza o proxecto e hay que tratar de atedelas para crear así empresas viables.

Tema 3: Marco de referencia da oferta laboral.

O Sistema Nacional de emprego:

Está formados polos seguintes servizos.

- Servizo público de  Emprego Estatal (SEPE) coa súa propia estructura, organización e competencias.
- Servizo Público de Emprego de Galicia. (SPEG). coa súa propia estructura, organización e competencias.

O Marco Conceptual.

A política de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo.
Cando falamos de políticas de emprego, distinguimos entre políticas activas de emprego e políticas pasivas de emprego.
Enténdese por políticas activas o conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas no mercado de traballo, por conta propia ou allea; ao mantemento do emprego e á promoción profesional das persoas ocupadas, e ao fomento do espírito empresarial e a economía social.
As políticas pasivas de emprego teñen como obxectivo principal a protección por desemprego, atendendo a situación de necesidade que se produce cando unha persoa traballadora, con capacidade para traballar e con intención de facelo, non pode prestar os seus servizos no mercado de traballo ben por non atopar un posto, ben por perder o que estaba a desenvolver. En definitiva consiste nunha substitución de rendas destinada a manter o nivel de ingresos das persoas desempregadas.

Para acelerar a recuperación e a creación de emprego, a reforma do mercado laboral articula unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e a creación de emprego.

Marco Instituciónal das políticas de empleo.

En España, a distribución de competencias entre ou Estado e as CC.AA, e a súa coordinación, teñen ou seu principal marco regulador na Lei 56/2003. Así a Lei desenvolve un concepto integral de política de emprego, entendida como ou conxunto de decisión adoptadas polo Estado e as CC.AA. que teñen por finalidade o desenvolvemento de programas e medidas tendentes á consecución do pleno emprego, así como a calidade do emprego, á adecuación cuantitativa e cualitativa dá oferta e a demanda de emprego e á redución e debida protección nas situación de desemprego.

A Lei 56/2003, de 16 de decembro, de Emprego, establece como instrumentos de coordinación do Sistema Nacional de Emprego, destacando: O Plan Anual de Política de Emprego (PAPE),A Estratexia de Activación para o Emprego,  e posteriormente o Plan anual de Reformas de España 2016.


A política de emprego en Europa. Destacamos:

-A Estratexia Europea de Emprego 2020: que proporciona un marco - o Método Aberto de Coordinación, (MAC) - que permite aos países da UE compartir información e debater e coordinar as súas políticas de emprego.
-Ámbitos de desenvolvemento das políticas activas de emprego
A UE ten unha competencia complementaria á dos Estados membros en materia de emprego co obxectivo de elaborar unha ESTRATEXIA COMÚN na devandita materia.
-Prioridades da Estratexia 2020
A Estratexia Europa 2020 pretende ser un revulsivo á crise e preparar a Europa para o futuro. Baséase en tres alicerces interconectados para lograr un reforzamento: crecemento intelixente, como o desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento e a innovación; crecemento sustentable, como promoción dunha economía que faga un uso máis eficaz dos recursos, que sexa máis verde e competitiva; e crecemento integrador, como fomento dunha economía con alto nivel de emprego, con cohesión social e territorial.



Reflexión persoal:

Xa acabamos de ver o esforzos de todo tipo que os as adminstracións e gobernos en distintos ámbitos realizan para favorecer e estimular o emprego nun momento de crise económica no que non é doado tomar medidas e menos propoñer solucións máxicas.
Desde o meu punto de vista as medidas van nunha dirección correcta e con moi boas intencións pero quizás o que habería que facer de verdade e profundizar moito máis nos nosos sistemas tanto educativo primeiro e productivo despois para facer verdadeiras e profundas reformas  para adecuar o noso sistema educativo e de formación profesional  ao mercado laboral real e actual que as empresas precisan.
Non é doado, porque se trata de cambios moi profundos e lentos pero creo que só deste xeito poderemos mirar hacia un futuro máis sólido e moito mellor preparado ante os retos deste mundo global ao que nos enfrentamos.

Máis información: