martes, 12 de julio de 2016

TAREFA INDIVIDUAL MÓDULO 1

Resumen Módulo : Marco Conceptual 

Actualmente a labor do/da orientadora, dadas as circunstancias do mercado laboral, require dun esforzo adicional, tanto do/da demandante de emprego, coma de aqueles que temos a labor de acompañalos nese trance.

Tema 1: Actualización do mercado laboral

Neste primeiro tema falaremos da evolución do mercado laboral, dos factores a ter en conta e dos elementos que o compoñen.
Cando falamos da oferta de traballo, temos que ter en conta que estará determinada por catro factores fundamentalmente:
1. Factores demográficos
2. Factores sociais e culturais
3. Fluxos de entrada e saída de emprego
4. Fluxos de entrada e saída da poboación activa

A oferta, polo tanto, dependerá do número de persoas maiores de 16 anos. Neste sentido dependerá tanto do crecemento natural da poboación como dos fluxos migratorios.

E un dos elementos a ter en conta é o equilibrio entre a oferta e a demanda, que  nace por a confluencia idónea entre ambos factores. Se a demanda non se regula únicamente por o salario que están dispostos a pagar os empresarios, tampouco o fai por o soldo polo que están dispostos a traballar os demanantes de emprego. Isto pódese explicar a través de dúas tendencias, a clásica (que establece que para acadar o pleno emprego hai que baixar os soldos para que as empresas poidan contratar máis por menos) e a keynesiana (explicada porque os salarios son ríxidos á baixa o que conleva a que o pleno emprego non sexa posible, posto que os empregadores contratarán a menos demandantes ao darse un tope de salario mínimo polo que os traballadores están dispostos a traballar)

Tema 2: A Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Os efectos do paro, coma todos e todas as que traballamos con xente que vive momentáneamente unha situación de desemprego, sabemos o estresante que pode chegar a ser e os estragos que fai tanto a nivel persoal, familiar, psicoloxico e por suposto económicos....polo que coñecer os novos xacementos de emprego é clave para atopar necesidades insatisfeitas ou a producción e prestación de servizos definidos, a calquer nivel.

As reglas do xogo mudaron e o mercado laboral actual ofrécenos un panorama desalentador. As estatísticas amosan unha taxa de desemprego que non mellora na medida en que debería. As políticas coxunturáis non parecen ter o efecto esperado que é dimunuir a taxa de personas en paro. Coa tecnificación das empresas, moitos postos de traballo mudaron ou simplemente desapareceron. O sector servizos, o demandante de maior número de traballadores e traballadoras, non é quen de absorver a enorme bolsa existente na actualidade. Moitos deles sin a cualificación necesaria, pero ironías da vida, outros moitos sobrecualificados. Según o INE, o sector máis desfavorecido son os/as menores de 25 anos; e dentro deste sector, as mulleres, acadando a escalofriante cifra do 46%.



O emprego estable xa non existe. Amósase como única alternativa o emprendemento, pero para iso fai falla unha idea, carraxe e a preparación necesaria, e non todos contamos coas capacidades básicas imprescindibles para acometer unha aventura dese calibre. Moitas persoas decidiron ser emprendedoras á forza. Nalgúns casos tiveron éxito a base de empecinamento, noutros casos, a falta dun plan de emprego idóneo, levounas ao fracaso nun prazo inferior a cinco anos. Dende o sector das PYMES recoméndase mellorar a área comercial e de xestión empresarial (cómo vender o noso producto); a carencia de capitalización (financiamento) e o cambio de modelo de negocio (non se poden aplicar vellas políticas a novas ideas) son un exemplo das cousas que se recomenda mellorar. Para coñecer si a nosa empresa ou o noso  producto/servizo ten cabida no mercado actual, é importante facer un estudio do mercado, e a mellor maneira de facelo é a través dun lienzo CANVAS e sobre todo, ter moi claro o noso obxectivo.

Tema 3: Actualización do marco de referencia da orientación laboral

Pero para todos e todas aquelas que decidiron que o emprendemento non vai con elas, a búsqueda de emprego por conta allea convértese nun arduo traballo. Hai que afrontarse a inestabilidade, a un gran número de ofertas sobredimensionadas, a buscadores de emprego masivos, a  internet e o correo electrónico cando se carecen das ferramentas necesarias, a unha formación constante e en ocasións costosa para estar en constante aprendizaxe e actualización. A desmotivación, o medo, a presión social, persoal e familiar son cabalos de batalla diarios que como orientadores e orientadoras temos que axudar a domar, e xestionar.

A nosa labor como orientadores consiste en axudalos/las a reorientarse cando se atopan perdidas nun mar de sobreinformación, de carencias competenciais e relacións competitivas nun mercado tan cambiante coma o laboral; axudalos e axudalas a redefinirse como traballadoras, dotalas das ferramentas necesarias para a búsqueda de emprego, acompañalas na adquisición da formación e competencias necesarias para enfrentarse a un mundo laboral moito máis competitivo que cando o deixaron, en moitas ocasións, moito tempo atrás.

Tamén nos enfrentamos con aquelas ás que se lles impide acceder a un mercado laboral que sistemáticamente lles esixeu a experiencia que non teñen porque ninguén lles diu a oportunidade de demostrar que están sobradamente formados e poden chegar a ser unhas traballadoras altamente competentes.

Conclusións

O coñecemento das actuais políticas de emprego, é unha clave máis a ter en conta. Quén nos procura á asistencia económica no caso de atoparnos nunha situación de desamparo económico? Quén nos axuda a mellorar nas nosas ferramentas e técnicas de búsqueda activa de emprego? E no caso de emprender, sabemos a onde acudir, as posibles axudas tanto económicas como asistenciais que existen? Na actualidade existen tantos programas de axuda ao desemprego coma colectivos (garantía xuvenil, programa de activación para o emprego, programa de recualificación profesional, renda activa de inserción, etc) e é un deber dos e das orientadoras ter un coñecemento o máis amplo posible para poder informar de forma precisa e acompañar aos desempregados para que a súa situación sexa o máis breve posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario