miércoles, 27 de julio de 2016

MARCO CONCEPTUAL

" O TRABALLO E A LOITA CHAMAN SEMPRE AOS MELLORES"

OFERTA E DEMANDA

A denifición do mercado laboral é onde confluien a demanda e a oferta de traballo, polo tanto, a evolución que segue este mercado débese a estas dúas variables. Sábese que os sistemas laborais son abertos e desenvólvense no entorno doutros sistemas  como é o político, económico, social... e que están interrelacionados. É importanta determinar os siguintes puntos para comprender mellor o mercado laboral.
  • Oferta de traballo depende de catro factores: demográfico, socio-cultural, saida-entrada de emprego e de poboación  activa.
  • Demanda depende do número de persoas maiores de 16 anos e tamén do crecemento natural da poboación como dos fluxos migratorios. 
  • Demanda de traballo representa a cantidade de traballadores que as empresas están dispostos a contratar. 
  • Desemprego é a parte da poboación que estando en edade, condicións e disposición de traballar (poboación activa) carece dun posto de traballo. 
Despois desta pequena introducción de conceptos, temos que ter en conta que actualmente vivimos nunha sociedade cunha alta tasa de desemprego e que os efectos das persoas paradas son desvastadores tanto a nivel económico como social. Esto tamén é extensible as persoas que ainda tendo un posto de traballo o seu salario é precario.

O mercado laboral é moi dinámico e cambiante, ten sufrido cambios moi importantes nos últimos anos sobre todo tecnolóxico. Estos cambios fixeron que a maioria de postos non cualificados desaparezcan e xenera o nacemento e necesidade da especialización profesional e polo tanto é moi importante coñecer os nichos de emprego para que a demanda e a oferta atoepn o punto de equilibrio.

Esta especialización nos leva a profundizar máis nos perfis profesionais que van a ser máis demandados no mercado laboral e desta maneira pormóvese o coñecemento da potencial demanda/oferta co obxectivo de mellorar a empregabilidade dunha persoa.

Como consecuencia da complexidade que conleva o coñecemento dos perfis profesionais, añandindo os diferentes certificados de profesionalidade,  e tamén contanto ca ensenañnza modular é necesario acudir aos servizos de orientación laboral, tanto a nviel educativo como laboral, xa que son de gran apoio para información e resolucuón de dúbidas e para o diseño dun itinerario profesional.

Ante este panorama é preciso puntualizar que o traallo por conta propia (autónomos, empregadores ou empresarios sen asalariados) gaña terreo en detrimento do traballo por conta allea e señalar que xa casi 1 de  cada 5 ocupados ríxese polas súas propias condicións laborais.

EMPRENDEMENTO 

Este análise permite comprobar que a intención dos españois é a iniciativa  emprendedora, pese a que as condicións actuais da contorna dificultan o proceso emprendedor e sabendo que España carece de cultura emprendedora debido ao atraso educativo que levamos fronte a Europa.

O noso modelo produtivo está composto maioritariamente por PYMES, baseado sobre todo nas empresas de construcción, turismo e servizos. Todo este tecido empresarial fai que o mercado laboral en España obstente o récord  de precariedade laboral, xa que o que domina é a temporalidade ligados a contratos por obra, formación, estructural, estacional... .

Por sorte a nos xuventude naceu a par cas novas tecnoloxias o que implica que están máis familiarizados e cualificados cas ideas emprendedoras. As tics son unha gran  fonte para iniciarse no emprendemento.

Un hombre exraordinario
Un home extraordinario, aclamado e seguido e u lexendario emprededor
Como consecuencia da crise Europa inicia o fomento da creación de empresas como unha prioirdade estratéxica ca finalidade da creación de emprego e riqueza e así lograr unha economia sustentable, innovadora e respetuosa co traballo e a sociedade.

Hai que mencionar o Emprendemento social que é unha forma diferente de facer empresa, aquí facemos referencia as cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción, as asociacións, fundacións.

Neste tipo de empresa prima a persoa frente ao capital, xa que persiguem intereses colectivos, intereses xeral-económico ou social ou ambos. O emprendemento social implícase na igualdade de oportunidades, cohesión e integración scoial,  sirve de ponte para non xerar unha gran distancia da economía e as clases sociais e promociona a solidaridade interna ca sociedade. É un sector potente que activa tódolos elementos da economía e contribué á saida da crise e tamén destacar que pon en marcha a unión entre todala estrutura dun pais.

O mellor video de motivación,  cree en ti mesmo

Todos podemos converternos en emprendedores, hai os que nacen e os que se fan, precísase ter unhas características persoais como : motivación, confianza, observador e comunicativo. 

Emprender ten as súa ventaxes como a independencia económica, deseñar un plan de vida, control do destino propio e ser xefe dun mismo e pola contra ten os inconvenites como moito sacrificio, incerteza, resultados negativos e vivir baixo unha presión constante.

O Lienzo Canvas é unha ferramenta moi útil para proxectar o plan dun negocio de empresa dunha maneria prácitca, interactiva e sencilla.

O modelo Canvas é  moi práctio e útil para plasmar o nos proxecto de negocio

É preciso que as persoas emprendedoras teñan o asesoramento a través da via da orientación co obxectivo de resovler dúbidas: como fonte de informaicón actualizada e como unha guia desde o inicio do seu proxecxto de negocio. A persoa emprendedroa a veces atópase con certas carencias nas súas habilidades par emprender e por iso créase  o servizo de orientación para apio e tutorización desta persoas a través dunhas patuas para a súa realización e prazos de execución.

 SERVIZO NACIONAL DE EMPEGO

Por últmo vamos a falar do Sistema Nacional de Emprego. Este sistema enténdese por un conxunto de estructuras, medidas e accións necesarias para promover e desenvolver a política de emprego. Esta intregrado polo Servizo Públco de Empleo Estatal (SEPE) e polos Servicios Públcos de Emprego das Comunidades Autónomas . Galicia ten o Servicio Público de Emprego de Galicia (SPEG) que é a estructura pública dependente da Xunta de Galicia e reúne dun modo integral e coordina tódalas funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego.

A política de emprego é un conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou correxir os principais desequilibrios do mercado de traballo. Hai que distinguir entre politicas activas de emprego que son o conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación que teñen por obxecto mellorar a empregabilidade de acceso ao emprego e as políticas pasivas que teñen por obxecto principal a protección por desemprego a través de rendas destinadas a manter o nivel de ingresos. 

Para combatir á crese do actual mercado laboral púsoxe en marcha unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e creación de emprego. Estas medidas consisten na reducción das cotización a seguridade social, contratos de formación e aprendizaxe, Estratexia de Empredemento e Emprego Novo 2013-2016. Como medidas destacadas imos mencionar as seguintes: 

POLITCAS DE EMPREGO EN ESPAÑA E EUROPA

O Plan Anual de Política de Emprego (PAPE)

Conten servizos e programas de polÍticas activas de emprego que son:  mellorar a empregabilidade, implementación da Garantia Xuvenil, favorecer a colectivos con risco (maiores de 55 anos, parados de longa duración e beneficiarios do PREPARA)  e tamén baséase en 6 eixes: orientación, formación, oportunidades, igualdad, emprendemento e mellorar do marco Intitucional do Sistema Nacioanl de Emprego.

Estratexia de Activación para o Emprego

Configurase como o primeiro instrumento de coordinación do Sistema Nacional de Emprego e contempla dez principios de reitores que serían: 1.- coordinación de tódolos seus axentes, 2.- eficacia, 3.- programación, 4.-garantía do principio de unidade 5.- garantía de igualdade, 6.- itinerarios personalizados, 7.- portección, 8.- axuste e adecuación as necesidades, 9.- de apertura a sociedade, 10.- de fomento da cultura emprendedora.

Plan anual de Reformas de España 2016

Son medidas necesarias para menter o crecemento e o ritmo de creación de emprego nos próximos anos. Estas medidas sentan as bases para o cumprimento dos obxectivos da Estratexia Europea 2020. As áreas máis significativas  nas que vaise porfundar son : a creación de emprego, inclusión social, mercados de bens e servizos, emprendemento I+D+i, eficiencia administración pública e responsabilidade fiscal. 

O Plan de Garantía Xuvenil 2014-2020 (POEX)

É un programa que desenvolve medidas dirixidas ao colectivo de persoas maiores de 16 anos e menores de 30 non ocupadas, nin integradas nos sistemas de educación ou formación, famosamente chamados os "ninis" co obxectivo  de alcanzar a súa inserción e mantemento no mercado  laboral cun emprego de calidade. Galicia participa na xestión deste programa cunha axuda de 97.800.000 euros para todo o periodo subvencionable. 

A Garantia Xuvenil en Galicia recolle un catálogo de medidas axustadas aos distintos perfis de mozos e mozas entre 16 a 29 anos. As medidas resúmense en catro exes principais: mellora da intermediación, da empregabilidade, estímulos a contratación e fomento do emprendemento.


Cada ano os gobernos dos paises membros elaboran o denominado paquete de medidas de emprego que esta formando por : directrices de emprego, programas nacionais de reforma, informe conxunto sobre o emprego , recomendacións específicas para cada pais e a evolución social e de emprego en Europa co obxectivo de elaborar unha ESTRATEXIA COMÚN. As tres prioridades de dita estratexia son: crecemento intelixente, sustentable e integrador. Financiado polos chamados "Fondos Estruturais" que serían o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é o máis importante e concede axudas para a construcción de infraestruturas e a realización de investimentos produtivos e o Fondo Social Europeo (FSE) que financia principalmente a formación.

CONCLUSIÓNS

Hoxe en dia existe un debate sobre o futuro laboral que plantexa unha gran cuestión: ¿Onde está o emprego estable, sostenible e de calidade?. Os xóvenes e adultos buscan resposta a dita cuestíon e intenta dirixir a súa formación hacia nichos de emprego emerxentes, por exemplo as Tics, Inxenierias (nos próximos anos no sector das tics non podrán cubrir tódalas vacantes que necesite o mercado laboral, por carencia de persoal altamente cualificado en dito sector). É importante realizar con acerto unha carreira profesional que poida ser absorvida polo mercado laboral  e para iso é preciso manexar moita información sobre  o entorno interno e externo do mundo laboral. As posibilidades de atopar un emprego en fución do estudiado convértese no factor máis importante  a ter en conta. Para conseguir este obxectivo temos os servizos de orientación tanto a nivel educativo como laboral  e que sirven de gan apoio como fonte de información, resolución e marcación de pautas. Deberíase reformar o sistema educativo e laboral de España, xa que ambalasdúas non se adecuan as necesidades actuais do que oferta o mercado laboral. Actualmente España sigue impartindo carreiras obsoletas para os tempos de agora (arquitectos, delineantes...) ,  que xeneran futuros desempregados en detrimento doutras carreiras emerxentes baseadas nas tendencias laborais actuais e no desenvolvemento da innovación  (miniaturización, mundo cuántico, nanotecnología).

PARA SABER MÁIS 

  1.  Servicio Público de Empleo Estatal  (SEPE)
  2. Instituto Nacional de Cualificaciones Profesionales (CNCP)
  3. Emprendedores 
  4. Fondo Social Europeo 2014-2020 
  5.  Las Carreras del Futuro
El método de enseñanza en España está obsoleto y debe tender hacia lo audiovisual, según expertos

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2463139/0/metodo-ensenanza-espana-esta-obsoleto-debe-tender-hacia-lo-audiovisual-segun-expertos/#xtor=AD-15&xts=467263
El método de enseñanza en España está obsoleto y debe tender hacia lo audiovisual, según expertos

Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2463139/0/metodo-ensenanza-espana-esta-obsoleto-debe-tender-hacia-lo-audiovisual-segun-expertos/#xtor=AD-15&xts=467263

No hay comentarios:

Publicar un comentario